COMUNICADO IMPORTANTE – REORGANIZACIÓN DO VOLUNTARIADO

por | Ago 19, 2025 | Ayuda General | 0 Comentarios

COMUNICADO XERAL EN GALEGO
🔇 COMUNICADO IMPORTANTE – REORGANIZACIÓN DO VOLUNTARIADO

Querid@s voluntari@s:

Ante a enorme cantidade de axuda e información que se está a xerar, tomouse a decisión organizativa de silenciar temporalmente os chats grupais. Os chats dos distritos seguirán activos, para poder atender necesidades locais concretas.

🙏 Queremos pedir desculpas se isto causa molestias. Sabemos o moito que estades a contribuír e queremos que cada achega chegue a quen máis o precisa. Esta medida busca coordinar de maneira efectiva os recursos e o traballo que estades a realizar, asegurando que a axuda chegue de forma rápida e ordenada ás zonas afectadas.
📣 Que facer agora:
Por favor, contactade directamente connosco a través dos teléfonos que indicamos a continuación, organizados por funcións en 10 puntos. Isto é clave para organizar á xente e distribuír o material onde realmente fai falta.
🌐 Estamos a traballar para lanzar unha app que centralice toda a información de forma visual e accesible. Agradecemos moito a vosa paciencia mentres a desenvolvemos.
🙏 Grazas de corazón pola vosa xenerosidade, compromiso e paciencia. Cada persoa conta, e agora máis ca nunca a coordinación é fundamental.
— [MOVEMENTO DE AXUDA VOLUNTARIA]

1️⃣ ADMINISTRACIÓN XERAL
1.1 👥 Coordinación interna
Se tes experiencia, tempo e compromiso e queres colaborar con este movemento de axuda voluntaria:
📞 ÉBORA 602632584
1.2 🛠 Voluntari@s para puntos de recollida
Se queres axudar a recibir e organizar alimentos e materiais que chegan aos puntos de recollida, crear batelumes…
📞 CARLA 670684242

2️⃣ 📍 Puntos de recollida
Se es un punto de recollida ou podes selo:
📞 NATALIA 658105679

3️⃣ 🍎 Aportacións de alimentos ou material
Se queres aportar alimentos ou material, contacta para recibir información actualizada sobre o que se precisa e onde entregalo:
📞 VITO 627781547

4️⃣ 📦 Veciñ@s que precisen alimentos ou material
Só se estás nunha zona afectada polo lume:
📞 XENIA 672481001

5️⃣ 👐 Veciñ@s que precisen voluntari@s brigadistas
Se es veciñ@ afectad@ polos incendios e precisas voluntari@ brigadista ou materiais, non estás sol@:
📞 MARIBEL 636021372

6️⃣ 🔥 Voluntari@s brigadistas
Se es voluntari@ brigadista, tes experiencia en extinción ou dispós de materiais de protección, contacta con:
📞 ANTEA 636021372

7️⃣ 🚛 Voluntari@s transporte
Se queres poñer á disposición o teu transporte para levar voluntari@s ou entregar e recoller material dos puntos de recollida ás zonas afectadas:
📞 ANTEA 664749790

8️⃣ 🐾 Benestar animal
Veciñ@s afectad@s ou persoas con recursos de apoio (alimentos, materiais, espazos para acoller animais…) poden contactar con:
📞 ARA 618021176

9️⃣ 🏠 Aloxamentos
Se podes ofrecer aloxamento a voluntari@s ou es un voluntari@ que o precisa:
📞 ANTEA 664749790

🔟 💛 Difusión / Medios / Asociacións
Se es un organismo público (Protección Civil, Concello, etc.), un medio de comunicación (televisión ou prensa), ou formas parte dunha asociación coa que poidamos colaborar, contacta con:
📞 ANTEA 664749790